top of page
A Asociación Cultural Manicómicos nace en Xaneiro de 2004 na Coruña, promovida por un grupo de persoas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: Investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia.
Son intencións primeiras de Manicómicos: A organización de cursos formativos para os seus asociados e para a cidadanía en xeral, que servan para un mellor coñecemento das diferentes técnicas actorais, así como a organización dun Festival de Teatro Cómico de carácter anual na cidade da Coruña, no que se poidan ver, xunto a xoves artistas galegos, a primeiras figuras do panorama cómico internacional que ademáis imparten cursos durante o festival.
Manicómicos tamén colaborou dende o principio na xestación da Federación Galega de Novo Circo creada en 2006 xunto a outros colectivos como Pista Catro (Santiago), Circus Fusión (Ferrol) e Cooperactiva (Santiago).
bottom of page