Comezo do curso “O pretexto do clown”



Do 14-20 de outubro levaremos a cabo un novo curso do Hangar Manicómicos na Coruña.

Nesta ocasión temos a honra de contar cos mestres Michel Dallaire e Christine Rossignol que, en conxunto, veñen impartir o curso “O pretexto”.

Será no Ágora en horarios de 10:30-14h e de 16-19h, salvo o sábado 17 que temos día de pausa. O curso o domingo 18 será no local de Manicómicos en vez do Ágora.

Se che apetece aproveitar esta estupenda ocasión e coñecer o traballo, podes asistir como oínte. Tan só comunícanos no correo: hangarmanicomico@hotmail.com que días queres vir, e logo podes pagar a túa praza de oínte xa no propio espazo.

Os prezos son os seguintes:

15€/media xornada – 30€/día enteiro – 120€ curso completo

50% desconto para socios de manicómicos

hangarmanicomico.blogspot.es

manicomicos.org

12 Outubro 2015