A Expresión do Clown I con Christine Rossignol‏



Desde a Asociación Cultural Manicómicos, e grazas á Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, e ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, escribímosvos para informarvos sobre os próximo cursos do Hangar Manicómico este ano 2015.

Aberto o prazo de inscrición para o curso La Expresión do Clown I, con Christine Rossignol, que terá lugar do 14 ao 20 de Febreiro de 2014, na Coruña.

Neste curso abórdase o traballo base da Expresión do clown dun modo máis lúdico e ameno sen afondar tanto na parte técnica aprendendo a escoitar a expresión persoal para introducirse ao mundo do clown. Buscando os mesmos obxectivos que na Expresión do Clown II, parte do traballo a partir de improvisacións en solitario, as súas regras e o impacto que estas teñen sobre a consciencia e a autoescoita. Trabállase dende unha perspectiva lúdica, ao encontrar distintos personaxes fluídos e abertos, para aprender a tomar distancia entre un mesmo e o xogo do clown, en busca da reacción e a expresión ante un pretexto, en lugar da composición e a acción.

E pre-inscricións para:

  • Clown e Técnica, con Emmanuel Sémbely do 1 ao 7 de Abril 2015.
  • A Expresión do Clown II, con Michel Dallaire do 2 ao 9 de Xullo 2015.
  • Clown e Pretexto, con Michel Dallaire e Christine Rossignol do 14 ao 20 de Outubro 2015.

Máis info en http://hangarmanicomico.blogspot.es/categoria/programa-2015

15 Xaneiro 2015