XIV Festival Manicómicos 2014



Este mes de outubro celébrase o XIV Festival Manicómicos. Do 21 ao 26 de outubro no Centro Cultural Ágora e na Sala Garufa. Aquí vai o detalle do incríble cartel deste ano:

SÁBADO 25, 20:30h – Centro Cultural Ágora

Compañía: HILARY CHAPLAIN
Espectáculo: A LIFE IN HER DAY
Procedencia: New York (USA)
Xénero: Clown
Autores: Hilary Chaplain e Avner Eisenbeg
Intérprete: Hilary Chaplain
Dirección: Avner Eisenbeg
Tipo de público: familiar
Duración: 60′
Contacto: www.hilarychaplain.com
Prezos: 15€ individual, 12€ socias. Descontos habituais

Sinopse: Escandalosamente divertida, “A life in her day” é unha marabillosa mestura de comedia física e teatro “en serio” sobre unha muller xudea no seu mundo privado, compartido publicamente. Unha amálgama orixinal entre Lucille Ball e Charlie Chaplin.

DOMINGO 26, 12:00h – Centro Cultural Ágora

Compañía: MALAS COMPAÑÍAS
Espectáculo: TXATARRA
Procedencia: Bilbao
Xénero: Teatro-circo
Autor: Malas compañías
Intérpretes: Mikel Pikaza, Diego Aimar e Aritza Rodigez.
Dirección: Gorka Ganso
Tipo de público: familiar
Duración: 60′
Contacto: www.malaskompanias.com
Prezos: 8€ individual, 12€ socios. Bono 4 familiar: 24€. Descontos habituais

Sinopse: Benvidas a un mundo feito á medida, ao noso pequeno universo construido a base de barrís, táboas, cachivaches, pero tamén rutinas, soños e debilidades compartidas. Acompáñanos por un camiño que nos leva a ningures, máis aló do conformismo e a aceptacion; subimos, baixamos, corremos, rodamos,saltamos en busca dese xiro que convirta a máis tediosa das rutinas en diversión.

VENRES 24, 20:30h – Centro Cultural Ágora

Mini-espectáculos: Prezos: 8€ individual, 6€ socias. Descontos habituais

Compañía: ARTURO NONO
Espectáculo: NONO
Procedencia: Galicia
Xénero: Clown e malabares
Autor: Arturo Nono
Intérpretes: Arturo Nono
Dirección: Arturo Nono
Tipo de público: familiar
Duración: 15′

Sinopse: Benvidos ao mundo de Nono, un mundo no que cada obxeto se pode converter no máis inesperado, onde os mosquitos loitan con floretes, os malabares serven para cociñar e os monos, por suposto son os nosos mellores amigos..

Compañía: ALMOVE
Espectáculo: ALMOVE
Procedencia: Galicia
Xénero: Música e circo
Autores: María Move, Álvaro Reboredo
Intérpretes: María Move, Álvaro Reboredo
Dirección: María Move, Álvaro Reboredo
Dirección artística: Fabiana Correa
Tipo de público: +14
Duración: 15′

Sinopse: Dúas persoas e unha corda vertical. O espazo que respira. O ar.     Dúas linguaxes expresivas para falar de encontros e desencontros, onde o     espazo sonoro se construe in-situ. Poesía,beleza, equilibrio.

Compañía: CREACIÓNS MANICÓMICAS
Espectáculo: CHANNEL SHIT
Procedencia: Galicia
Xénero: Parodia-Bufón
Autores: Grupo de creación escénica de Manicómicos
Intérpretes: Yésica Val, Héctor Martínez, Carlos Moure, Alba Farto, Marta Mato, Iria Mourón, Verónica Martínez, Martín Cortés, Julia Miguel López, Felipe Díaz “Caxo”
Dirección: Gonçalo Guerreiro e Carlos Sante
Tipo de público: +14
Duración: 15′
Contacto: www.manicomicos.org

Sinopse: Rescatamos do espectáculo “Merda”, unha sucesión de parodias que       falan da tele-lixo, no noso particular “Channel Shit”: videncia comecartos en     directo, publicidade do máis sexista, o ring do amor…

VENRES 24, 22:30h – Sala Garufa

Compañía: O RETRETE DE DORIAN GRAY
Espectáculo: CABARET DE MANS
Procedencia: Galicia
Xénero: Teatro visual-manipulación de obxectos
Autores: Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido
Tipo de público: +14
Duración: 90′
Prezo: 7€

Sinopse: O Retrete de Dorian Gray pretende explorar os escabrosos territorios do     teatro visual, o teatro físico, a manipulación de obxectos… todo iso sen esquecer     que o espectador está aí adiante, ou aos lados, e mesmo detrás, de modo que para     non deixarlle de lado, investigan formatos próximos, nos que ver un espectáculo     sexa algo máis que un estímulo ocular e auditivo.

SÁBADO 25, 22:30h – Sala Garufa

Espectáculo: JAM SESSION DE CLOWN + FESTA XIV FESTIVAL
Autor: Creación colectiva de Manicómicos e invitados
Tipo de público: +14
Duración: 90′
Prezo: 5€

Sinopse: Espectáculo de variedades onde se representan números de diferentes disciplinas co clown como xénero predominante.

ACTIVIDADES PARALELAS:

TALLER INTENSIVO DE COMEDIA FÍSICA

Imparte: HILARY CHAPLAIN
Datas: 21-24 outubro
Horarios: 10-14h e 15:30-17:30
Número de prazas: 20
Prezos: 120€ público xeral / 80€ socixs manicómicxs
Espazo: Local A.C. Manicómicos. Rúa Andrés Gaos 16, baixo. A Coruña

Taller destinado a actores, actrices, estudantes de teatro, clown, circo… que desexen ampliar o seu vocabulario físico e desenvolver a súa sensibilidade no cómico.  Nel exploraremos a comedia física dende aspectos como a inocencia ou o grotesco, pasando pola ridiculez do ser humano, aplicando ferramentas baseadas na improvisación e nas relacións básicas entre artista e público. Un taller que nos permitirá acceder a novas cores do noso ser expresivo.

CLOWNS EN ACCIÓN

Varios grupos de clowns “tomarán” a cidade dende os días previos ao festival, para interaccionar co público de a pé, cos usuarios de autobuses ubanos, pasando por prazas, mercados e calquera sitio que atraia a súa atención, de cara á promoción do festival.

Sábado 18, 20:30h – zona Obelisco
Luns 20, 11h – rolda de prensa no local da A.C. Manicomicos
Luns 20, 12h – autobuses urbanos
Venres 24, 12h – distrito Picasso

6 Outubro 2014