Taller Intensivo Comedia Física con Hilary Chaplain



Do 21 ao 24 de outubro, de 10h a 14h e de 17:30h a 19:30h.
Prezos: 120 euros (80 euros para socias de manicómicos)
Inscricións: manicomicos@hotmail.com – 691073401 ou 676052704
Organiza a Asociación Cultural Manicómicos, dentro do programa do XIV Festival Manicómicos.

Taller para actores ou estudantes de teatro, clown, circo, … que desexen ampliar o seu vocabulario físico e desenvolver a sensibilidade no cómico.

Exploraremos a comedia física desde aspectos como a inocencia ou o grotesco, pasando pola ridiculez do ser humano, aplicando ferramentas baseadas na improvisación e nas relacións básicas entre artista e público, xa sexa como solistas ou como parte dun grupo.

Un taller que nos permitira acceder a novas cores do noso ser expresivo.

6 Outubro 2014