Formación Manicómicos 2014 – 2015



Formación regular en artes vivas e escénicas para tódalas idades: Teatro, Circo, Danza, Clown, Canto, Cabaret, …

A asociación Cultural Manicómicos leva máis de dez anos traballando na difusión das artes escénicas, ofrecendo un amplo programa formativo ao mesmo tempo. Se o teu é puro teatro, se tes ganas de facer un adestramento diferente de corpo e mente, se non das quitado o medo a falar en público ou queres facer o pino… este é un bo lugar para aprender!  Infórmate de que actividade é a máis axeitada para ti.

As Pequeclases comezan o 15 de setembro, para nen@s de 4 a 12 anos. O resto de actividades dende o 6 de outubro. E haberá novas sorpresas segundo avance o curso.

TEATRO DE MOVEMENTO
Imparte: Gonçalo Guerreiro
Luns 18-20h
Teatro Físico e xestual / Cine Mudo / Pantomima / Commedia dell’Arte / Máscaras / Bufón

CREACIÓN ESCÉNICA
Imparten: Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro
Luns 20,30-22,30h
Laboratorio de creación teatral / Montaxe dun espectáculo colectivo

CANTO CONTO
Imparte: Mónica de Nut
Martes 11-13h
Canto / Técnica vocal / Respiración / Afinación / Comunicación gobal voz-corpo-emoción

CABARET E BURLESQUE
Imparte: Yolanda Paz
Martes 20,30-22,30h
Desinhibición /Improvisación / Sensualidade / Sedución / Presenza e actitude / Streaptease / Caracterización

DANZA
Imparte: Bárbara Monteagudo
Mércores 20,30-22,30h
Danza contemporánea / Creación / Butoh / Re-integración corporal

INTERPRETACIÓN E EXPLORACIÓN TEATRAL
Imparte: Willy Éter
Xoves 18-20h
Interpretación / Escritura / Iluminación / Maquillaxe / Montaxe dun espetáculo

CLOWN
Imparte: Carlos Sante
Xoves 20,30-22,30h
Xogo teatral / Medo escénico / Presenza e comunicación / Improvisación / Clown / Creación de personaxes

PEQUETEATRO
Imparte: Teresa Babío
Martes 17,30-19h
Diversión / Xogo teatral / Expresión corporal / Improvisación / Creación grupal

PEQUEDANZA
Imparte: Bárbara Monteagudo
Mércores 17,30-19h
Creatividade / Sensibilidade / Expresión / Psicomotricidade / Movemento natural

PEQUECIRCO
Imparten: Davinia Rico e Ánxela Blanco
Sábados 11-13h
Diversión / Destrezas / Disciplina / Psicomotricidade / Traballo en equipo

Reserva xa a túa praza!

En tódolos cursos a 1ª clase é de proba. Podes vir probar calquera das actividades ao comezo do curso e logo elexir en cal te queres quedar.

A matrícula anual ten un custo de 20€ para cubrir o seguro de responsabilidade civil, e págase xunto coa primeira cota. Só se precisa dunha matrícula para participar en varios cursos.

Cada actividade, excepto as infantís-xuvenís, ten un prezo de 35€ por mes, pero se un mesmo alumno fai dous módulos son 60€, tres módulos
80€, catro módulos 100€ por mes, e a partires de cinco, temos o BONO TOTAL por 120€ ao mes, para poder facer de todo.

No caso dos peques o prezo por mes e alumno é de 28€, e hai contemplados descontos por nº de irmáns: dous irmáns: 50€, tres irmáns: 65€ por mes. Ademáis, nestes casos, só pagarían unha única matrícula. Os menores de idade que puidesen participar doutras actividades non específicas para eles, tamén disfrutarían destes descontos.

Ademáis se tes fas socia terás múltiples vantaxes. Infórmate directamente no local, por teléfono ou mail.

Rúa Andrés Gaos 16, baixo – 15010 A Coruña
Tlfnos: 981 262 604 / 692 213 292
Correo-e: manicomicos@hotmail.com
Web: www.manicomicos.org

Colabora: Deputación da Coruña

3 Setembro 2014