Cursos intensivos de Hip Hop en manicómicos



Cursos impartidos por Alba Fernández Cotelo, no local da A.C. Manicómicos (Andrés Gaos, 16) durante os meses de setembro, outubro e novembro.

CURSO HIP-HOP INICIACIÓN: para maiores 10 anos e adultos de calquera idade que queiran iniciarse na danza Hip hop (bailasen antes ou non).

  • Días: 13, 14, 20 e 21 de Setembro de 19:00 a 21:00 horas.
  • Contidos: percorrido cronolóxico e cultural da danza Hip hop dende as súas orixes, centrándonos nos Estilos máis importantes da Vella e a Nova Escola. A través de exercicios e divertidas e sinxelas coreografías, comprenderedes de forma global a cultura Hip hop e a súa danza, e por suposto, pasaredes un bo anaco bailando e aprendendo.
  • Prezo de todo o curso: 45 euros (logo de reserva).
  • Información e reservas en albafdezcotelo@hotmail.com

CURSO HIP-HOP FUSIÓN: para alumn@s maiores de 12 anos e adultos de todas as idades que xa bailasen antes calquera dos dous estilos de cada fusión, e para os que cursasen o curso de Iniciación.

Son mini-cursos orientados á fusión do Hip hop con outra disciplina, con coreografías máis elaboradas e exercicios que vos axudarán a comprender e interiorizar a calidade de movemento de cada disciplina.

  • Curso Hip hop-Jazz Funk: 11 e 12 de Outubro de 19:00 a 21:00h.
  • Curso Hip hop-Michael Jackson Style: 18 e 19 de Outubro de 19:00 a 21:00h.
  • Curso de Hip hop-Contemporáneo: 8 e 9 de Novembro de 19:00 a 21:00h.
  • Poderase asistir e pagar por todo o curso (60 euros), ou por separado (25 euros cada un). Logo de reserva.
  • Información e reservas en albafdezcotelo@hotmail.com
5 Agosto 2014