Curso de iniciación: Onde está o meu clown?



Duración: 18 horas
Días: 1, 2 e 3 de agosto
Horarios: venres de 17h a 21h, sábado de 11h a 14h e de 17h a 21h, domingo de 11h a 14h e de 17h a 21h.
Prezo: 75€
Límite de alumnas/os: 16
Inscrición: do 7 de xullo ata o 30 de xullo
Dirección: Rúa Zurbarán, 25 – baixo. O Couto (Ourense)
Contacto: delatoute@delatouteproducciones.es
Impartido por Carlos Sante
Contidos: xogo físico – xogo vocal – xogo dramático – presenza escénica – improvisación – clown – creación de personaxes

O curso está destinado a xente inquieta por aprender dun xeito rápido e efectivo asnormas básicas do xogo teatral, orientado cara a busca dunha comicidade propia, decara a desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control  do fluxo de enerxía enescena, cun mesmo e co público.

Que pasa cando estou ante o público, como vencer o medo escénico e facelo favorable,como potenciar a miña presenza, como xogar a nosa voz e o noso corpo para crear unimpacto no público e ir construindo un personaxe único e irrepetible de nós mesmos.Como facer rir e porqué rimos; en definitiva, como achegarnos ó noso clown…

Viaxaremos a través do xogo teatral e a improvisación ao apaixoante mundo da buscado  pallaso  escénico,  indagando  na  sensibilidade,  a  disponibilidade,  o  contacto  copúblico, a fantasía, a inxenuidade, o fracaso e o éxito, e o corazón daquilo que damosen chamar  o noso propio  clown.  E todo a  través  da  máis  potente  ferramenta  queposuímos: nós mesmos, coa nosa enerxía, corpo e voz, e a nosa imaxinación.

21 Xullo 2014