Verán Pequecómico 2014



Preparamos o verán pequecómico 2014!

Abrimos a escola de artes escénicas e circenses a toda nena ou neno con inquedanzas polo universo do espectáculo. Un ano máis adicaremos dúas semanas á creación dun mini circo: elaboración dos vestiarios, escolla da temática, guión, preparación dos números, e mostra aberta para familia e amigos. A parte do arduo entrenamento necesario para cada disciplina e o traballo en equipo. Sempre na procura do humor e do respeto ao ritmo e diversidade de cada nen@!

Hai tres posibles quincenas, en horario de 10 a 14hr, dinamizadas por artistas da asociación cultural. Grupos de 12 peques, de entre 4 e 12 anos (necesarios 10 para desenvolver o proxecto). 120 euros a quincena, con desconto a irmáns

Non dubidedes en anotarvos ou pasar a info a quen lle poda interesar!

17 Xuño 2014