Mostra Escolas de Teatro 2014



E volve a xa tradicional Mostra de Escolas de Teatro 2014, no Forum Metropolitano o 10, 11 e 12 de xuño. Ademais da estrea da obra “Merda” no Centro Ágora o 28 de xuño.

Díptico da mostra en pdf

Martes 10 de xuño – 20:30h (entrada 3€)

  • Casahamlet: Estudio de teatro fundado en 1998 na Coruña por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Mantén dende entón un curso académico anual con aulas de expresión corporal, oral e interpretación. blogdecasahamlet.blogspot.com.es
  • “A taberna de Bastián” e “Friaxe”: Un percorrido pola historia e personaxes do barrio das Atochas da Coruña, onde se misturan o humor e a fina retranca dunha historia local pouco coñecida. Quen non visitou a taberna de Bastián, na Atocha Baixa? Quen non soñou coa súa participación nun filme de amores e brigas, con desembocadura na ruela de Lilí Marlén? Creación colectiva a partir de textos de Manuel Lourenzo.
  • Escola de Artes Ardebullo / Charamusca Teatro: Charamusca teatro nace en Carral no 2013 como continuidade da antiga Escola de artes de Ardebullo, cun elenco de sete actores e actrices baixo a dirección de José Leis. es-es.facebook.com/charamusca.teatro
  • “Outros amantes”: (2 persoas x 2 pezas x 2 relacións) Dúas parellas a piques de romper, dúas situacions ao límite, dous xeitos de ver a relación, que non sempre son iguais ou acordes. Autores: Renee Taylor & Josef Bologna. Dirección: José Leis Martínez.

Mércores 11 de xuño – 20:30h (entrada 3€)

  • Escola de Teatro de Narón: Escola creada en 1982 dependente do Padroado de Cultura do Concello de Narón. Imparte un total de once asignaturas relacionadas directamente co oficio da interpretación actoral nos dous ciclos formativos dos que consta ao longo de cinco anos. www.padroadodecultura.es/actores.php
  • “Contos sen fronteiras”: Achegarémonos ao coñecemento de enfermidades silenciadas que afectan a nenas e nenos doutras partes do  mundo, a partir dos relatos das autoras, publicados pola asociación “Médicos sen fronteiras”. Autores: Feli Ibáñez e Paula Farías. Adaptación e Dirección: Manuel Areoso.
  • Escuela del Teatro del Andamio: Creado por Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva na Coruña en 2002, mantén tres liñas de traballo  interrelacionadas: a escola, baseada nas técnicas da escola teatral rusa, a compañía profesional e a sala alternativa de teatro. www.teatrodelandamio.com
  • “Baila conmigo”: Unha escolma de fragmentos de espectáculos musicais, síntese do traballo levado a cabo polo grupo de adolescentes neste ano, mesturando música e interpretación. Dirección: Tatiana Likhacheva e Fran Martín.

Xoves 12 de xuño – 17h Sesión Xuvenil (entrada 3€)

  • Escuela del Teatro del Andamio: Creado por Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva na Coruña en 2002, mantén tres liñas de traballo  interrelacionadas: a escola, baseada nas técnicas da escola teatral rusa, a compañía profesional e a sala alternativa de teatro. www.teatrodelandamio.com
  • “La isla perdida”: Todo comezou cunha divertida viaxe de fin de semana pola costa, ata que un forte temporal converte os peques nuns  auténticos supervivintes. Autora e Dirección: Tatiana Likhacheva.
  • A.S.C. O Baixiño: O Baixiño é o primeiro espazo de ocio para cativos, adolescentes e persoas con diversidade funcional de tódalas idades, que traballa na nosa rexión empregando unha metodoloxía do xogo didáctico mediante talleres nos que se implican a expresión física, didáctica, corporal e creativa e tamén a terapia funcional. sites.google.com/site/obaixino
  • “El secreto de Neapailae”: Un grupo de seres máxicos vese envolto nunha trama de aventuras, cargada de intriga e diversión, nesta creación colectiva dos alumnos de teatro. Dirección: Tamara Orta.

Xoves 12 de xuño – 20:30h (entrada 3€)

  • A.C. Manicómicos: Da súa Asociación Cultural teñen saído dende a súa creación no 2004 cantidade de proxectos artísticos, entre os  que cabe destacar o seu Festival Internacional de Teatro Cómico, espectáculos e galas de creación propia, e múltiples actividades formativas. www.manicomicos.org
  • “Mostra fin de curso”: Unha escolma de números de clown, canto, danza e butoh, creados para a ocasión polos seus alumnos. Dirección: Carlos Sante, Bárbara Monteagudo e Mónica de Nut.

Sábado 28 xuño – 21h (entrada 3€) Centro Ágora

  • A.C. Manicómicos: Da súa Asociación Cultural teñen saído dende a súa creación no 2004 cantidade de proxectos artísticos, entre os  que cabe destacar o seu Festival Internacional de Teatro Cómico, espectáculos e galas de creación propia, e múltiples actividades formativas. www.manicomicos.org
  • “Merda”: Espectáculo de creación colectiva froito do traballo desenvolvido durante o curso 2013-14, polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, que trata sobre o concepto da merda dende un punto de vista global na nosa sociedade contemporánea. Dirección: Gonçalo Guerreiro e Carlos Sante.
6 Xuño 2014