Clowncabaré Manicómico na Casa Tomada



Día: domingo 9 de marzo
Hora: 21:00h
Lugar: A Casa Tomada (Estación de FFCC da Coruña)

Do 7 ao 13 de marzo, o mestre de clown de Québec Michel Dallaire, co-fundador do Circo do Sol e director da prestixiosa escola francesa de clowns Hangar des Mines,  estará impartindo en Manicómicos un curso intensivo para profesionais que leva por título “A expresión do clown”.

É a cuarta vez que Michel nos visita, e dada a cercanía e amizade xeradas e o valor humano e profesional do seu traballo, decidimos levar a cabo desde o 2014 en diante un ambicioso programa continuo de formación nas artes de clown co Hangar des Mines, que demos en chamar Hangar Manicómico.

Polo medio deste curso, e aproveitando que o luns 10 é o día de descanso para os alumnos, ocorréusenos levar a cabo un cabaré colectivo cos participantes, onde poder ver diferentes números de calidade de artistas de diversas procedencias do estado, e xa de paso, co recadado na taquilla, abaratarnos os custos do propio curso, xa que as institucións non amosaron moito interese en colaborar no noso proxecto. Seica o poder do pallaso non é adecuado para os nosos gobernantes, ou as súas artes non son dignas merecedores desa “cultura” que nos queren inculcar.

Así que coidado e atención, porque os clowns tomarán a Tomada dispostos a facervos escachar coa risa.

Arriba o pano e a desfrutarrr!!!

5 Marzo 2014