Últimas prazas para o curso en marzo de Michel Dallaire



Curso: A Expresión II
Imparte: Michel Dallaire
Datas: do 7 ao 13 de marzo (40 horas, 10 de marzo día libre)
Prezos: 350€ público xeral / 330€ socias de Manicómicos e Circonove
Oíntes: 15€ media xornada – 30€ día – 120€ curso completo público general (anuais) / 10€ media xornada – 20€ día – 100€ curso completo socias de Manicómicos e Circonove

Un curso intensivo cunha das máis prestixiosas figuras do clown contemporáneo. Parte do traballo a partir de improvisacións en solitario, as súas regras e o impacto que estas teñen sobre a consciencia e a autoescoita. Trabállase desde unha perspectiva lúdica, ao atopar distintos personaxes fluídos e abertos, para aprender a tomar distancia entre un mesmo e o xogo do clown, en busca da reacción e a expresión ante un pretexto, en lugar da composición e a acción. Leva consigo un gran traballo de técnica sobre o coñecemento do corpo, as súas posibilidades de expresión e o control do fluxo da circulación de enerxía, para explotar ao máximo a nosa expresividade.

Obxectivos: Desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena, cun mesmo e co público, tendo en conta a técnica de clown.

Contidos:

  • O personaxe a través do corpo: disociacións, siluetas, pesos, expresividade, transferencia de enerxías, maneiras de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics, …
  • O xogo escénico e as técnicas de actuación: relación co público, urxencia, ritmo, gag, sorpresa, reactivación, escoita, espazo…
  • A construción: entrada a escena, pretexto, reacción, graduación das emocións, o tempo do público, risco, bromas, fracaso, saída…

Curso de carácter nacional – internacional para profesionais, con experiencia no mundo do clown.

Máis información sobre este e outros cursos da escola Hangar des Mines na Asociación Cultural Manicómicos: http://hangarmanicomico.blogspot.es

18 Febreiro 2014