O teu movemento a escea (en marzo en Manicómicos)



Días: 22, 23, 29 e 30 de marzo.
Horario: de 18:30h a 21h (total 10 horas).
Lugar: Asociación Cultural Manicómicos (Andrés Gaos, 16)
Prezo: 45 euros (previa inscripción). Prazas limitadas!!
Imparte: Alba Fernández (bailarina, coreógrafa e profesora de danza).
Inscricións: escribide a albafdezcotelo@hotmail.com

“O teu movemento é o que tés no teu corpo e na túa personalidade. O importante aquí é cómo bailas e, ante todo, cómo queres bailar, pensando no camiño que queres seguir, sexa ou non o máis cómodo. Este curso axudará ós/ás alumnos/as a descubrir a súa propia linguaxe de movemento, faraos ser conscientes das súas virtudes e defectos (que o serán segundo o seu propio criterio), para coñecerse mellor e poder seguir dende aí o camiño que queiran seguir”.

… Se queredes pararvos un anaco a reflexionar sobre o voso movemento, a coñecervos mellor á hora de bailar, e a plasmalo en escea, este é o voso curso. Está pensado para persoas maiores de 16 anos xa iniciadas (de todos os niveis) en calquera disciplina de movemento (danza contemporánea, clásica, oriental, bailes de salón, hip hop, danza moderna, acrobacia, etc)

Divertirémonos mentres descubrimos a nosa linguaxe, e compartirémola, disfrutando da compañía e da boa enerxía do grupo.

Agardámosvos!!!

16 Febreiro 2014