Gala de Humor X Aniversario Manicómicos



Este ano é o noso décimo aniversario e celebrarémolo por todo o alto. Ao modo das festas galegas de principios de século, celebraremos unha festa popular chea de música, baile, humor, acrobacias, … Máis de 20 actrices, actores e músicos en escena e moitas sorpresas! Unha gala anual para a que recadamos fondos para manter os gastos da asociación e poder seguir ofrecendo clases de teatro, espectáculos, etc.

Sábado 4 Xaneiro 2014 – 19:00h
Teatro Rosalía Castro (A Coruña)
Todos os públicos
Entrada única: 8€ – Bono familiar (3 entradas): 18€

Dirección: Teresa Babío, Vanessa Maceiras e Ánxela Blanco.
Guión: Colectivo.
Música – Grupo Tiruleque: Serxio Núñez (clarinete e percusión), Alejandro Fente (acordeón) e Fernando Román (Clarinete e saxo).
Técnicos: Diana Sieira, Jose Amado, Dani Pais e Jose M. García.
Rexiduría: Diana Sieira e Jose Amado.
Vestiario: Yolanda Paz.
Deseño de cartaz: Manel Cráneo.
Difusión: Carmen Cotelo e Bárbara Monteagudo.
Elenco: Carmen Cotelo, Paco Alvarellos, Jorge Díez (Keke), David Pernas (Deivi), Marcial Blanco, Ánxela Blanco, Carlos Sante, Alfredo Muíño (Fredi), Guillermo Porta, Álvaro Reboredo (Fiti), Yolanda Paz, Gonçalo Guerreiro, Marta Iglesias, Pedro Brandariz, Juanillo Esteban, Luis Quinteiro, Willy Éter, Teresa Babío, Vanessa Maceiras, Jesús Graña (Chusmi), Lorena Tomé, Davinia Rico, Greta Marí, Mónica Suárez, Pablo Sánchez, Marta Mato, Ramón López, Mónica Mazaira, Noelia Varela, Javier Gayoso e Alba Bermúdez.

30 Decembro 2013