Novos cabarés manicómicos na costa coruñesa



E este mes de decembro haberá dous novos e tolos cabarés manicómicos na costa coruñesa:

  • Sábado, 14 de decembro, ás 19.00 horas, na Casa de Cultura de Olveira, no marco do Programa Soña no Nadal do Concello de Dumbría.
  • Domingo, 29 de decembro ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño, no marco da Programación de Nadal do Concello de Valdoviño.

Cabaré Manicómico é un espectáculo de creación e dirección colectiva froito do traballo desenvolvido durante os últimos anos por diferentes artistas de diferentes disciplinas (novo circo, clown, cabaré, mimo, teatro xestual, improvisación…) artellado como unha sucesión de números en clave de humor en formato de gala con presentador, co único obxectivo de facer rir ó espectador ante a variedade de estímulos que vai recibir.

O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio! Artistas e máis artistas… en diferentes disciplinas: clown, humor absurdo, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares!

12 Decembro 2013