Formación escénica Manicómicos 2013-14



Acaba de chegar a formación manicómica á cidade. Recén saída do forno, con novos cursos e moita enerxía renovada durante este verán tan luminoso. Vas a perdela??? Seguro que non! Ao final adxuntamos un pdf con toda a información.

Formación teatral, circense e do corpo

  • Módulo A- Teatro de movemento
  • Módulo B- Creación escénica
  • Módulo C- Iniciación á Maxia
  • Módulo D- Danza Contemporánea, Creación e Butoh
  • Módulo E- Introducción á Acrobacia
  • Módulo F- Clown e Improvisación

Actividades infantís / xuvenís

  • PequeTeatro
  • PequeIoga
  • PequeDanza
  • PequeCirco

Voz

  • Canto e técnica vocal: CantoConto.

Actividades paralelas

Cursos monográficos: Ao longo do curso escolar programaranse varios cursos intensivos con diferentes profesionais das artes escénicas e outras disciplinas, como poden ser A Expresión do Clown con Michel Dallaire e Christine Rossignol, Clown e técnica con Emmanuel Sembelly, Escena Contemporánea con Carlos Neira, Burlesque con Yolanda Paz, Impro con Antón Coucheiro, entre outros.

Presentacións públicas: Os alumnos terán ocasión durante o curso de presentar os seus traballos ante o público tanto no propio local de
Manicómicos, como un xeito de visibilizar e testar os seus avances, como a finais de xuño na Mostra de fin de curso no Fórum Metropolitano de A Coruña, no ciclo de Mostra de Escolas de Teatro que organiza a asociación.

Galas e cabarés: Os alumnos poderán participar activamente dos proxectos ante o público que irán xurdindo durante o ano, como son os cabarés cómicos en locais da cidade (Sala Filomatic, Garufa, Casa Tomada…) ou as galas e actuacións propias de Manicómicos que se levan a cabo en teatros tanto da cidade como dos circuitos culturais da Diputación provincial da Coruña.

Asóciate a Manicómicos: Colabora con Manicómicos e participa con nós das múltiples actividades que iremos elaborando; aparte de coñecer unha gran familia artística e compartir sinerxias, poderás obter descontos nos cursos, en espectáculos, dispor da nosa sala para ensaiar, crear, propoñer, compartir… Infórmate das condicións unha vez comezado o curso. Aventúrate, paga a pena!

Dossier Completo: Formación Escénica Manicómicos 2013-14 (pdf)

23 Setembro 2013