XIII Festival Manicómicos – domingo 8



E como espléndido peche do festival temos a obra que acadou o galardón ao mellor espectáculo de Galicia nos últimos premios María Casares da AAAG, Nuncabunga.

19:00h – Forum Metropolitano – Elefante Elegante: “Nunca-Bunga” – 9 euros

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras adicado ao público infantil e familiar desde os 3 anos. A acción desenrólase nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construiu o seu fogar. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fóra. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo?

8 Setembro 2013