XIII Festival Manicómicos – sábado 7



E chegou a xornada máis intensa do festival!!! Tres actuacións no mesmo día, vivamos un intenso día manicómico!

18:30h – Obelisco – Sobre Rodas – gratuíto

Sete corazóns pedalando sobre quince rodas en dirección a ningunha parte. Unha peculiar e disparatada familia cuns membros tan diferentes coma semellantes. Sobre as súas bicicletas e coa súa equipaxe chea de gañas de xogar e descubrir novos lugares e sensacións, farannos acompañarlles nunha viaxe a o seu interior, ao interior das nosas inquedanzas, dos nosos soños, da nosa infancia e das nosas búsquedas.

20:30h – Forum Metropolitano – Pepe Viyuela: “Encerrona” – 15 euros

Pepe Viyuela non precisa presentación: é un grandísimo artista de repercusión mediática a nivel nacional. Socio de honra de Manicómicos dende hai cinco anos, é todo un mestre do humor xestual e do clown e triunfa entre cativos e adultos de todo o país. Nesta ocasión volve ao festival cunha renovada e delirante adaptación do seu clásico espectáculo “Encerrona”.

23:00h – Sala Garufa – Jam Session de Clown – 5 euros

Unha gala golfa para escachar coa risa. Clown en estado puro, diversión, desorde, asombro e improvisación. Unha gala chea de números… pero non todo acaba aí… haberá tamén un gran xogo de improvisación. Non a perdades.

7 Setembro 2013