XIII Festival Manicómicos – venres 6



E hoxe no Festival Manicómicos a Gran Gala!!!

20:30h – Teatro Rosalía – Gran Gala do XIII Festival Manicómicos – 10 euros

Máis de 20 artistas participan nas famosas Galas de Manicómicos: acróbatas, clowns, cómicos, trapecistas… novo circo e comedia de calidade e con grandes doses de enerxía, para deleitar ao público durante 90 minutos cun único denominador común: o humor. Unha comunión perfecta entre artistas e espectadores, que sempre enchen as galas de Manicómicos. Unha oportunidade de contemplar novos talentos xunto con outros artistas máis experimentados…

6 Setembro 2013