XIII Festival Manicómicos – xoves 5



E continúa o XIII Festival Manicómicos coa actuación dos magníficos Confetti Brothers e Yoni Mediogramo!

20:30h – Forum Metropolitano – Confetti Brothers: “Os magníficos Confetti Brothers” – 9 euros

Os Confetti Brothers foron dous emigrantes galegos que marcharon a Nova York coma polisóns nun vello cargueiro, e acabaron triunfando coma cómicos no Cesar`s Palace de Las Vegas, mesmo tiveron o seu propio show televisivo na Fox TV, pero o alcohol e a esquizofrenia truncaron as súas vidas.

Agora resucitan para facer a derradeira función no Fórum Metropolitano da Coruña o vindeiro xoves 5 de setembro…

Un espectáculo, cómico-terrorífico, trepidante, musical e poético…

Video promo do espectáculo: http://www.youtube.com/watch?v=GsmX1ea_LFM

23:00h – Sala Garufa – Yoni Mediogramo – 5 euros

Yoni Mediogramo é un “Politoxicómico”, un bufón urbano que pon en escena un espectáculo de humor negro bastante pasado de rosca. O seu discurso trata sobre a súas alucinantes experiencias vitais. Unha historia de loita pola supervivencia nun mundo corrupto, despiadado e sen futuro. Unha viaxe guiada polas cloacas da sociedade que provoca repulsión e gargalladas a partes iguais. Unha crítica corrosiva contra o mitificado mundo das drogas. O que fai falla é información sobre drogas e Yoni diso… sabe bastante! Violencia, prostitución, atracos… Un espectáculo incorrecto, lamentable, cruel e patético!!!

4 Setembro 2013