XIII Festival Manicómicos – mércores 4



Este mércores comeza o festival!!!! Abriremos o festival ás 12:30 coa mesa redonda “Escenarios alternativos” no Fórum Metropolitano e esa mesma noite sesión de mini-espectáculos ás 20:30 tamén no Fórum Metropolitano.

12:30h – Forum Metropolitano – Mesa redonda: “Escenarios alternativos”

Mesa redonda, aberta aos medios de comunicación, á que invitaremos a destacados representantes da administración e axentes culturais, na que se falará sobre as novas vías de desenvolvemento das artes escénicas.

20:30h – Forum Metropolitano – Mini-espectáculos – 9 euros

  • Mi manera de hacer el indio, por Carol Fernández. Unha obra inspirada na danza butoh xaponesa e na recuperación da memoria dos indios norteamericanos. “O home branco mirará abraiado como os seus fillos e fillas adoptan o xeito indio que eles non quixeron aprender”.
  • Poucas palabras bastan, por Vanessa Rivas e Paco Alvarellos. Unha muller e un home na procura do amor, atópanse e xurde a maxia, precipitándose nun torbellino de emocións. Cada un da e recibe o que aprenderon. Non te coñezo. Non me coñeces. Non me coñezo. E a partir de aí, cada quen decide.
  • Olivia necesita verano, por Ánxela Blanco. Peza de danza teatro escrita e interpretada por Ángela Blanco.

2 Setembro 2013