Ilusións



Días: 28 e 29 de xuño (venres e sábado)
Hora: 21h
Lugar: Centro Cultural Ágora

Manicómicos presenta o espectáculo de teatro afeccioado… “Ilusións”. Un espectáculo de creación colectiva do grupo de Creación Escénica da Escola de Formación Manicómicos 2012-13. Interpretado por Alba, Blanca Pereira, Carlos Moure, Iria Mourón, Jessica Alba, Kike Vales, Marcial Blanco, Marta Mato e Michal Kamac. Dirixen Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

Aplicando diferentes técnicas teatrais, este espectáculo introduce o tema da ilusión desde todas as súas posibles perspectivas. Unha reflexión colectiva dun tema que está sempre presente nas nosas vidas.

18 Xuño 2013