XORNADAS: “OLLADAS AO SAHARA OCCIDENTAL”



PROGRAMA DAS XORNADAS (10 e 11 de maio en A Coruña)

VENRES 10 MAIO ( 19h)

Biblioteca Pública de Monte Alto (Campo de Marte, A Coruña)

*Presentación do libro “Ritos de Jaima” a cargo do autor

Limam Boisha (Atar, 1972)

Este escritor saharaui, residente en Madrid, pertence á chamada “Xeración da Amizade”. Pola súa estructura e beleza, Ritos de Jaima é un libro único, imprescindible na historia cultural do Sahara Occidental. Limam Boisha case inventa un xénero novo, a “Antropoesía”: poesía para escudriñar a alma dun pobo.

Tuiza,

zerga,

mazrug,

el humo del lubjur,

la tetera sobre la hoguera.

<Limam Boisha>

SÁBADO 11 DE MAIO (12 a 20h)

Local da Asociación Cultural Manicómicos (Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña)

12-14h  “Lendo o Sahara”

  • Falaremos con Limam Boisha da “Xeración da amizade”, que se define como un grupo de poetas saharauis que pretenden transmitir o sufrimento do seu pobo, unidos por historias de pastores que se perderon perseguindo os seus soños tras unha nube.

www.generaciondelaamistad.blogspot.com

  • Unha ollada a través do Proxecto Bubisher, que nas súas orixes foi un bibliobús que percorría as wilayas (os distintos campamentos) facendo animación á lectura para nenas e nenos e que actualmente posúe dúas bibliotecas estables supervisadas por persoal saharaui.

www.bubisher.org

  • Proxección comentada das imaxes da exposición fotográfica “El Beso” de Inés González Aparicio, asociada a un poema de Limam Boisha:

Un beso

solamente un beso

separa la boca de Africa

de los labios de Europa.


14-16h “Xantar Popular”

Un espazo para compartir o que hai e o que queiras traer, no que a “Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca” aportará alimentos saúdables para degustar en boa compañía.

16-20h “Olladas ao Sahara Occidental”

Tempo de intercambio de experiencias e reflexións.

  • Estado do conflicto político e humán
  • Achega á situación actual nos campos de refuxiados e as súas organizacións sociais
  • Ollada aos territorios ocupados. Desmantelamento do campamento Gdeim Izik e xuízo militar aos detidos
  • Observatorio de recursos naturais

E  ademais haberá proxeccións de documentais, visionado de fotografías, lectura de poemas e cerimonia do té

Contaremos coa participación de:

Aichatu Yahadih Islem Sidi-Ali

Activista dos dereitos humanos e defensora da autodeterminación do pobo saharaui. Actualmente reside en Zaragoza e colabora coa asociación de Inmigrnates Saharauis de Aragón, Aisa, Um Draig e outros colectivos como: “Nosotras en el Mundo”, unha radio por internet que difunde os conflictos que afectan ás mulleres.

Rebeca Mateos Herraiz

Xornalista especializada en temas sociais. Actualmente colabora escribindo artigos para o IECAH (Instituto de Estudios sobre Conflictos e Acción Humanitaria) e na web Periodismo Humano, onde ten publicado “Resistencia, destierro y olvido”, texto no que retrata testemuñas do desaloxo do campamento Gdeim Izik e de habitantes dos campos de refuxiados.

Maruchi Blanco Domínguez

Activista e traballadora polos dereitos das mulleres e colectivos en risco de exclusión de todo o mundo. Ten viaxado na caravana de artistas galegos nos anos 80 e revisitou os campamentos de refuxiados 25 anos despois.

Colectivo Sarsur

Grupo multidisciplinar que engloba persoas que proveñen dos máis diversos ámbitos: artes escénicas, educación, traballo social, cooperación internacional, antropoloxía, etc.

Este colectivo nace no ano 2011 ao redor dun proxecto artístico, buscando fomentar a expresión a través do teatro de sombras e do movemento coas mulleres dos campamentos de refuxiados saharauis. Tras esta experiencia, o colectivo Sarsur continúa vinculado coa sociedade saharaui intentando potenciar a educación e a expresión a través do arte.

Tags: ,

30 Abril 2013