Curso intensivo: “A expresión do clown” por Michel Dallaire



Michel DallaireActualmente xa están agotadas as prazas para este curso. Quedaría apuntarse na lista de espera por se hai algunha baixa de última hora. Si quedan prazas de oíntes.

Un curso intensivo cunha das máis prestixiosas figuras do clown contemporáneo, para desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena, cun mesmo e co público, tendo en conta a técnica do clown, o personaxe a través do corpo, o xogo escénico e as técnicas de actuación e construcción de rutinas.

Do 20 ao 26 de febreiro de 2013 (día 23 de descanso)
de 10.30-14h e de 16-19h
no local da A.C. Manicómicos
R/ Andrés Gaos 16, baixo – A Coruña

CONTIDOS: Desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena cun mesmo e co público tendo en conta as técnicas do Clown.

o personaxe a través do corpo: disociacións, siluetas, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics…
o xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo…
a construcción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…

PROGRAMA: Do mércores 20 ao martes 26 de febreiro de 2013, de 10.30-14h e de 16-19h, total: 39 horas, no local da Asociación Cultural Manicómicos, rúa Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña (Zona As Conchiñas). O día 23 tómase de descanso para asimilar o aprendido ata entón.

DESTINADO A: Artistas de circo, clown, e outras artes escénicas, así como estudiantes cunha mínima experiencia en clown, maiores de idade.

NÚMERO DE PRAZAS: 16 (reservas por orde de pago, dende o 10/01/13)
10 prazas de oíntes

PREZOS: 250€/alumno
(socios de Manicómicos e doutras asociacións de circo: 230€)
Oíntes: 120€ curso completo / 30€ días soltos. Socios: 100€ / 20€

MATRÍCULA: Transferencia bancaria a nome da A.C. Manicómicos na conta de NOVAGALICIABANCO 2080-0000-71-3040193025 (especifica o teu nome e o concepto A EXPRESIÓN DO CLOWN no recibo)

Michel Dallaire en Manicomicos

ARTISTA, DIRECTOR DE ESCENA E FORMADOR DE CLOWNS

Michel Dallaire (Québec-Canadá, 1952), entra en contacto co teatro cando estuda secundaria no Québec, e inicia o seu oficio como actor de moi novo. Axiña decide enfocar a súa profesión cara a arte do Clown. Traballou no Québec con numerosas compañías como La Bebelle, La ratatouille, ou Le Cirque du Soleil, onde aparte de actuar, dirixiu os números de Clown do espectáculo “Dralion”. Posteriormente instalouse en Francia para traballar coa súa compañía Contre Pour nos espectáculos “Les hommes en Noir”, “Mon Grand frère”, “The London Philharmonic Circus”…,  mentres facía a posta en escena de diversas montaxes con compañías como Archaos, Gosh, Los Galindos, Le Cabaret Sauvage, Okupa Mobil, Les Arrosés…

Desde 1990, é mestre de Clown no Hangar des Mines en Francia, e percorre medio mundo impartindo numerosos talleres formativos, consolidándose como unha das figuras máis representativas e valoradas do Clown contemporáneo.

Información do curso en pdf (galego)
Información del curso en pdf (castellano)
Ficha de inscrición (galego)
Ficha de inscripción (castellano)

As fichas están en formato open document. Para iso é necesario o Libreoffice ou Openoffice. No último caso de non poder abrir estes arquivos aqui vai o formato privativo en word:

Ficha de inscrición (galego)
Ficha de inscripción (castellano)

10 Xaneiro 2013