Gala Manicómicos 2013 – 4 de xaneiro ás 19h



A Asociación Cultural Manicómicos celebra o seu noveno aniversario cunha gran gala de humor para todos os públicos no Teatro Rosalía Castro da Coruña, o vindeiro venres 4 de Xaneiro de 2013 ás 19h, na que poderemos ver números variados de humor, circo contemporáneo, clown, malabares, acrobacias, … feitos con amor para a ocasión polos artistas de Manicómicos. A escusa para esta singular ocasión é a presentación mundial de “A Máquina do Tempo”, que servirá para viaxar por diferentes épocas da historia (pasado, presente e futuro) na procura dos mellores números cómicos endexamais feitos. A música da gala será realizada en directo por un trío de científicos tolos que demos en chamar “Os Ambientadores”. O público da gala está invitado a vir vestido como se fosen científicos, para así darlle máis color e calor ao espectáculo. A Máquina do Tempo: Risas garantizadas para tódolos públicos

Duración aproximada: 80 m.
Prezo: 8€ entradas soltas. Bono familiar – 3 entradas: 18€, á venda nas canles oficiais de http://www.servinova.com, nas taquillas da Praza de Ourense, e nas taquillas do propio teatro.

18 Decembro 2012