A Cantante Calva



“A Cantante Calva” é un espectáculo de creación colectiva froito do traballo desenvolvido durante o curso 2011-12, polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas e niveis de experiencia, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro. A obra parodia a condición humana en canto á súa cotidianeidade de hábitos, valores e comportamentos sociais, rachando cos conceptos das accións lóxicas e o emprego do tempo, convertíndoa así nunha peza áxil, absurda, divertida e sarcástica, que reflicte a incoherencia universal da vida baixo o xugo cruel da monotonía.

Breve historial do grupo:

Dentro do amplo programa de actividades da Asociación Cultural, Manicómicos promove a realización de espectáculos froito de procesos creativos persoais e acorde coa súa filosofía de apoio aos novos creadores vencellados á asociación, tanto no seu apartado formativo como social. Nesta montaxe atrevémonos con todo un clásico da historia do teatro do absurdo do grande autor Eugène Ionesco, nunha versión de creación colectiva froito do traballo desenvolvido durante o curso 2011-12, polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

FICHA TÉCNICA:

Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.
Duración: 90 minutos.
Caché: 800 euros.
Reparto: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Carmen Cotelo, Marcial Blanco, Marta Mato, Michal Kamac, Iria Mourón, Daniel Lozano e Kike Vales.
Deseño iluminación: Raquel Castro.
Deseño cartaz: Marcial Blanco.
Espazo sonoro: Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

REPRESENTACIÓNS:

  • Centro Cultural Ágora (A Coruña): 03/07/2012 e 04/07/2012

15 Xuño 2012