Novo espectáculo Manicómicos: “Sobre rodas”



Novo espectáculo Manicómicos!!! “Sobre rodas”… un tolo pasarrúas itinerante onde as surrealistas personaxes avanzan ao ritmo que marca o pedaleo. Música, baile, humor e moito máis, síguenos!

Segunda viaxe: venres 22 de Xuño ás 18h. Algún lugar entre Labañou e Riazor… e de aí, destino Rosales.

Terceira viaxe: sábado 23 de Xuño ás 11h. Praza das Conchiñas, dirección Parque de Vioño.

Cuarta viaxe: sábado 23 de Xuño ás 17h. Polo Paseo Marítimo… pero non por todo.

O percorrido pode sufrir algunhas modificacións, así que buscade o son das bocinas.

22 Xuño 2012