Campamentos Manicómicos verán 2012



Pecha os libros do cole pero non deixes de aprender este verán. Temos clases de: ciencias dos xogos en equipo, equilibrios sobre obxectos, fabricación de trebellos máxicos, matemática da expresión libre, aula da risa, lectura obrigatoria de contos divertidos, acrobacias sociais e voo sen ás … e o recreo? Quén o quere!

Se tes entre 5 e 11 anos os meses de xullo e agosto poden estar cheos do mellor do circo e a expresión artística, no local da Asociación Manicómicos. Escolle a túa semana:

xullo
agosto
do 9 ao 13
do 6 ao 10
do 16 ao 20
do 13 ao 17
do 23 ao 27
do 20 ao 24

O prezo é de 75€ (65€ para varios irmáns ou alumn@s de Manicómicos, e 2 prazas becadas a metade de precio para familias que o precisen). Mínimo 10 e máximo 14 prazas. Horario de 10 a 13.30h. O prezo inclúe seguro e seguimento de 2 profesor@s. E non esquezas. O venres pode participar un adulto, e non se permite roupa de domingo!

Inscripción e + info en : 981 262 604 – 637 479 881 (mañás)
campamentosmanicomicos(arroba)yahoo(punto)es
Local Manicómicos: Rúa Andrés Gaos, 16 baixo, A Coruña – (As Conchiñas)

18 Xuño 2012