Curso “A expresión do clown” con Michel Dallaire



Un curso intensivo cunha das máis prestixiosas figuras do clown contemporáneo, para desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena, cun mesmo e co público, tendo en conta a técnica do clown, o personaxe a través do corpo, o xogo escénico e as técnicas de actuación e construcción de rutinas.

Do 5 ao 9 de marzo de 2012 de 10.30-14h e de 16-19h no local da A.C. Manicómicos (R/ Andrés Gaos 16, baixo – A Coruña)

MICHEL DALLAIRE (artista, director de escena e formador de clowns)

Michel Dallaire (Québec-Canadá, 1952), entra en contacto co teatro cando estuda secundaria no Québec, e inicia o seu oficio como actor de moi novo. Axiña decide enfocar a súa profesión cara a arte do Clown. Traballou no Québec con numerosas compañías como La Bebelle, La ratatouille, ou Le Cirque du Soleil, onde aparte de actuar, dirixiu os números de Clown do espectáculo “Dralion”. Posteriormente instalouse en Francia para traballar coa súa compañía Contre Pour nos espectáculos “Les hommes en Noir”, “Mon Grand frère”, “The London Philharmonic Circus”…, mentres facía a posta en escena de diversas montaxes con compañías como Archaos, Gosh, Los Galindos, Le Cabaret Sauvage, Okupa Mobil, Les Arrosés…

Desde 1990, é mestre de Clown no Hangar des Mines en Francia, e percorre medio mundo impartindo numerosos talleres formativos, consolidándose como unha das figuras máis representativas e valoradas do Clown contemporáneo.

A EXPRESIÓN DO CLOWN – por Michel Dallaire

Contidos: Desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena cun mesmo e co público tendo en conta a técnica do Clown.

  • o personaxe a través do corpo: disociacións, siluetas, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics…
  • o xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo…
  • a construcción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…

Programa: Do 5 ao 9 de marzo de 2012, de 10.30-14h e de 16-19h, total 32 horas e media, no local da Asociación Cultural Manicómicos, rúa Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña (Zona As Conchiñas)

Destinado a: Artistas de circo, clown, e outras artes escénicas, así como estudiantes cunha mínima experiencia en clown, maiores de idade.

Número de prazas: 16 (reservas por orde de pago, dende o 08/02/12)

Prezo: 225€/alumno (socios de Manicómicos: 200€)

Matrícula: Transferencia bancaria a nome da A.C. Manicómicos na conta: 2080-0000-71-3040193025 (especifica o teu nome e o concepto no recibo)

Ficha de inscrición en open document

Ficha de inscrición en word

12 Febreiro 2012