Gala de humor VIII Aniversario



  • Días: 7 e 8 de xaneiro
  • Hora: 18:30h
  • Lugar: Teatro Rosalía de Castro
  • Entradas: Entrada única 8 euros (bono familiar 3 entradas a 18 euros). Á venda en www.servinova.com, taquillas Praza de Ourense e taquilla Teatro Rosalía.

Coa temática do “circus maximus”, ou circo romano, pretendemos celebrar o 8º aniversario da asociación con dúas únicas funciones para público familiar, sábado 7/domingo 8 de xaneiro, ás 18.30h, nas que participan numerosos artistas de manicómicos (números cómicos, circenses, pallasos…) e alumnos da nosa escola, para dar ambientación ao Teatro Rosalía, que nesta ocasión, será convertido nun particular Coliseum romano. Centurións, esclavos, patricios, vestais, plebeios, atletas olímpicos, gladiadores, carreiras de cuádrigas e ata “leóns” vivos darán cor a esta magnífica gala, en honra a un deprimido César (Pedro Brandariz) que ante a inminente crise e caída en picado do imperio romano, non é quen de levantar cabeza. Como non sae da súa depresión, a emperatriz (Vanessa Rivas) decide organizarlle unha sorpresa que lle devolva a ilusión perdida: a celebración do “circus maximus”. Quen faga rir ao César será laureado de por vida; quen non, botado aos “leóns”. Conseguirao alguén? Que será do imperio?

Unha vez máis invitamos a todo o público a vir disfrazado de época romana e participar cos seus vítores e barullo desta inolvidable gala.
27 Decembro 2011