Aparente-mente, espectáculo de creación colectiva



APARENTE-MENTE é un espectáculo de creación colectiva froito do traballo desenvolvido durante o curso 2010-11, polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas e niveis de experiencia, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

APARENTE-MENTE trata o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou acolá? Como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? Que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? Que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas?

FICHA TÉCNICA:

Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.
Duración: 90 minutos.
Caché: 800 euros.
Reparto: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Mónica Suárez, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Carmen Cotelo, Jose Ubieta, Marta Mato, Teresa Babío, Raquel Castro, Yago Concejo, Attenery Toledo, Tareixa Cambeiro, Uxía Vázquez e Marcial Blanco.
Deseño iluminación: Raquel Castro.
Deseño cartaz: Raquel Castro e Mónica Suárez.
Espazo sonoro: Jose García.
Técnicos de escena: Guille e Óscar (Ágora).
Axudante de dirección: Carlos Diz.
Axudante de produción: Solange Albares.
Agradecementos: Persoal do Ágora, Concellería de Cultura, Concello da Coruña, Xaquín Domínguez, e todos os que aparente-mente fixeron posible este espectáculo.

REPRESENTACIÓNS:

  • Centro Cultural Ágora (A Coruña): 29/06/2011 e 30/06/2011
  • Auditorio Municipal (Cedeira): 21/01/2012
14 Xuño 2012