A expresión do clown (Michele Dallaire)



Michele Dallaire

Un curso intensivo cunha das máis prestixiosas figuras do clown contemporáneo, para desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena, cun mesmo e co público, tendo en conta a técnica do clown, o personaxe a través do corpo, o xogo escénico e as técnicas de actuación e construción de rutinas.

Desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena cun mesmo e co público tendo en conta a técnica do Clown.

Os temas a tratar son:

  • O personaxe a través do corpo: disociacións, silueta, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics…

  • O xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo…

  • A construción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…

Programa

27-28-29-30 de Abril e 1 de Maio de 2011, de 10.30-14h e de 16-19h, total 32 horas e media, no local da Asociación Cultural Manicómicos, rúa Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña (Zona As Conchiñas).

Destinado a:

Profesionais do circo e as artes escénicas, maiores de 18 anos.

Número de prazas: 16

Oíntes: 10

Prezos

150€ alumnos

75€ oíntes

15 Abril 2011