Confetti Brothers Productions



Compañía de recente creación xurdida no seo de Manicómicos e integrada por Luís Quinteiro e Willy Eter. Foi invitada permanente nas galas do Festival Manicómicos e colaborou en espectáculos de rúa, café-teatro e circo. Clown, comedia e teatro terrorífico conxúganse nas súas orixinais propostas escénicas que integran ao público como a un actor máis.

Willy Eter

Autor, director, cantante, actor. Estudou Declamación no Conservatorio da Coruña, Curso de Especialización en Pedagoxía Teatral na UDC, cursos con Carlo Colombaioni, Eric de Vont, Jesús Aladrén, Leo Bassi, Joseph Collard, Carlo Bosso, Ignacio Amestoy, Enzo Corman etc. Foi o primeiro clown teatral de Galicia e realizou máis de 200 actuacións co seu espectáculo “Willy Eter e o pallaso invisible” traballou como actor principal no Centro Dramático Galego, Teatro Keyzán, Manicómicos… Rexedor con Leo Bassi, clown en “Os colombaíños” dirixido por Carlo Colombaioni… Intervencións como clown ou actor en TVG, DYGRA Films, Tele 5 ou en longametraxes como “Agallas”

Luis Quinteiro

Actor. Diplomado en artes escénicas por Casahamlet. Cursos con Carlo Colombaioni, Claudia Contin, Ferroucio Merissi, Etelvino Vázquez etc. Participou como actor dramático en “Bertolt Brecht”, “Los Persas”, “Monoloxías”, “Xan o Bo Conspirador”, “Cando chega decembro” dirixidas por Manolo Lourenzo, “Roberto Zucco” dirixida por Pablo Rodríguez . Actor protagonista no espectáculo de teatro negro “El Arquitecto del Mar” galardonada co Premio especial do Xurado de Vaciamadrid ano 2006.  Actor principal en “Deprimidos ao Río” de Manicómicos e participou en traballos de performance, pasarrúas e televisión.

CONFETTI BROTHERS PRODUCTIONS
Información e contratación:
Tfnos: 619760703 / 616795005
confettibrothers@gmail.com


ESPECTÁCULO: Os Magníficos Confetti Brothers

Sinopse

“Os Magníficos Confetti Brothers”, foron dous emigrantes galegos que chegaron a New York en 1975 de polisóns nun cargueiro. Pouco despois triunfaban como cómicos no Cesar Palace De Las Vegas e ata protagonizaron o seu propio show televisivo na Fox. Lamentablemente malgastaron a súa fortuna e tiveron un final tráxico vencellado ás drogas e á esquizofrenia. Agora son espectros condenados a vagar eternamente polos teatros do mundo. Só poden resucitar esta noite, para protagonizar o último show… un impactante espectáculo cómico, filosófico e terrorífico… ah, o público morre ao final do espectáculo.

O Espectáculo

Os Confetti comezaron o seu proceso creativo levando a escena diversos sketch cómicos de Willy Eter en teatros e rúas dentro dos festivais Manicómicos. Estas pequenas pezas de grande éxito, foron as primeiras do puzzle de “Os Magníficos Confetti Brothers” Teatro cómico con pinceladas de terror, cabaret e unha nova fórmula de integración do público dentro dun espectáculo trepidante…

Video Promocional: http://www.youtube.com/watch?v=GsmX1ea_LFM

Ficha Artística

  • Reparto: Luis Quinteiro e Willy Éter.
  • Texto: Willy Éter.
  • Iluminación: Dani Pais.
  • Escenografía: Wiluk E.T.
  • Vestiario orixinal: Claudia Moda.
  • Música orixinal: Willy Éter.
  • Dirección: Confetti Brothers.

Ficha Técnica

  • Duración 80 min. aprox.
  • Medidas Mínimas de Escena: 7m de boca x 7m de fondo x 3m alt.
  • Aforo: Preferible caja negra con dos calles.
  • Iluminación: 24.000 W. Min.
  • Sonido: 1 Shure 58 (o análogo) Inalámbrico, 1 Envío escenario, 1 Mesa sonido con efectos (Delay y reverb),1 Reproductor CD.
  • Oscuridad Total en Sala.
12 Abril 2011