0

! VeRán PeQueCómico ¡

24 Maio 2013 in Novas

*Actividades de lecer creativo, na escola de teatro, circo e danza Manicómicos.
*Grupos unitarios a partir dos 3 anos.
*O centro ten seguro de responsabilidade civil incluido na matrícula.
*Semanas de Xullo e Agosto, de 10.30H a 13.30H (puidendo chegar dende as 10 da mañá)

Prezos:
1 semana, 30 euros
2 semanas, 55 euros
3 semanas, 70 euros
4 semanas, 85 euros

A escola está na Rúa Andrés Gaos 16, no cruce da Avenida Finisterre e a Ronda de Nelle..

Se tes algunha dúbida ou queres apuntarte chama ao 692213292,

!Vémonos en Xullo¡

0

XORNADAS: “OLLADAS AO SAHARA OCCIDENTAL”

30 Abril 2013 in Novas

PROGRAMA DAS XORNADAS (10 e 11 de maio en A Coruña)

VENRES 10 MAIO ( 19h)

Biblioteca Pública de Monte Alto (Campo de Marte, A Coruña)

*Presentación do libro “Ritos de Jaima” a cargo do autor

Limam Boisha (Atar, 1972)

Este escritor saharaui, residente en Madrid, pertence á chamada “Xeración da Amizade”. Pola súa estructura e beleza, Ritos de Jaima é un libro único, imprescindible na historia cultural do Sahara Occidental. Limam Boisha case inventa un xénero novo, a “Antropoesía”: poesía para escudriñar a alma dun pobo.

Tuiza,

zerga,

mazrug,

el humo del lubjur,

la tetera sobre la hoguera.

<Limam Boisha>

SÁBADO 11 DE MAIO (12 a 20h)

Local da Asociación Cultural Manicómicos (Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña)

12-14h  “Lendo o Sahara”

  • Falaremos con Limam Boisha da “Xeración da amizade”, que se define como un grupo de poetas saharauis que pretenden transmitir o sufrimento do seu pobo, unidos por historias de pastores que se perderon perseguindo os seus soños tras unha nube.

www.generaciondelaamistad.blogspot.com

  • Unha ollada a través do Proxecto Bubisher, que nas súas orixes foi un bibliobús que percorría as wilayas (os distintos campamentos) facendo animación á lectura para nenas e nenos e que actualmente posúe dúas bibliotecas estables supervisadas por persoal saharaui.

www.bubisher.org

  • Proxección comentada das imaxes da exposición fotográfica “El Beso” de Inés González Aparicio, asociada a un poema de Limam Boisha:

Un beso

solamente un beso

separa la boca de Africa

de los labios de Europa.


14-16h “Xantar Popular”

Un espazo para compartir o que hai e o que queiras traer, no que a “Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca” aportará alimentos saúdables para degustar en boa compañía.

16-20h “Olladas ao Sahara Occidental”

Tempo de intercambio de experiencias e reflexións.

  • Estado do conflicto político e humán
  • Achega á situación actual nos campos de refuxiados e as súas organizacións sociais
  • Ollada aos territorios ocupados. Desmantelamento do campamento Gdeim Izik e xuízo militar aos detidos
  • Observatorio de recursos naturais

E  ademais haberá proxeccións de documentais, visionado de fotografías, lectura de poemas e cerimonia do té

Contaremos coa participación de:

Aichatu Yahadih Islem Sidi-Ali

Activista dos dereitos humanos e defensora da autodeterminación do pobo saharaui. Actualmente reside en Zaragoza e colabora coa asociación de Inmigrnates Saharauis de Aragón, Aisa, Um Draig e outros colectivos como: “Nosotras en el Mundo”, unha radio por internet que difunde os conflictos que afectan ás mulleres.

Rebeca Mateos Herraiz

Xornalista especializada en temas sociais. Actualmente colabora escribindo artigos para o IECAH (Instituto de Estudios sobre Conflictos e Acción Humanitaria) e na web Periodismo Humano, onde ten publicado “Resistencia, destierro y olvido”, texto no que retrata testemuñas do desaloxo do campamento Gdeim Izik e de habitantes dos campos de refuxiados.

Maruchi Blanco Domínguez

Activista e traballadora polos dereitos das mulleres e colectivos en risco de exclusión de todo o mundo. Ten viaxado na caravana de artistas galegos nos anos 80 e revisitou os campamentos de refuxiados 25 anos despois.

Colectivo Sarsur

Grupo multidisciplinar que engloba persoas que proveñen dos máis diversos ámbitos: artes escénicas, educación, traballo social, cooperación internacional, antropoloxía, etc.

Este colectivo nace no ano 2011 ao redor dun proxecto artístico, buscando fomentar a expresión a través do teatro de sombras e do movemento coas mulleres dos campamentos de refuxiados saharauis. Tras esta experiencia, o colectivo Sarsur continúa vinculado coa sociedade saharaui intentando potenciar a educación e a expresión a través do arte.

Tags: ,

0

Mini-Espectáculos en Manicómicos abr13

12 Abril 2013 in Novas, Produción

Primeira velada de mini-espectáculos no espazo Manicómicos (Andrés Gaos, 16 Baixo – A Coruña- Zona Rúa Barcelona) O vindeiro venres 12 de abril. Un novo concepto de teatro circular con diferentes tendencias escénicas. Esperámosvos!!!

  • 19,30: Apertura de ambigú
  • 20,00: “Un día de playa” (Marta Iglesias)
  • 20,20: “Aínda Nada” (Vanessa Rivas e Jose Ubieta)
  • 20,40: “Doctor Thanatos…supongo” (Confetti Brothers: Luis Quinteiro e Willy Eter)
  • 21,00: “Pactar con la banca” (Carlos Sante e Dani Lozano)
  • 21,15: Pausa para ambigú
  • 21,30 “Un día de playa” (Marta Iglesias)
  • 21,50: “Aínda nada” (Vanessa Rivas e Jose Ubieta)
  • 22,10: “Doctor Thanatos…supongo” (Confetti Brothers: Luis Quinteiro e Willy Eter)
  • 22,30: “Pactar con la banca” (Carlos Sante e Dani Lozano)
0

Curso intensivo: “A expresión do clown” por Michel Dallaire

10 Xaneiro 2013 in Formación, Novas

Michel DallaireActualmente xa están agotadas as prazas para este curso. Quedaría apuntarse na lista de espera por se hai algunha baixa de última hora. Si quedan prazas de oíntes.

Un curso intensivo cunha das máis prestixiosas figuras do clown contemporáneo, para desenrolar e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena, cun mesmo e co público, tendo en conta a técnica do clown, o personaxe a través do corpo, o xogo escénico e as técnicas de actuación e construcción de rutinas.

Do 20 ao 26 de febreiro de 2013 (día 23 de descanso)
de 10.30-14h e de 16-19h
no local da A.C. Manicómicos
R/ Andrés Gaos 16, baixo – A Coruña

Continue reading…

0

Gala Manicómicos 2013 – 4 de xaneiro ás 19h

18 Decembro 2012 in Novas

A Asociación Cultural Manicómicos celebra o seu noveno aniversario cunha gran gala de humor para todos os públicos no Teatro Rosalía Castro da Coruña, o vindeiro venres 4 de Xaneiro de 2013 ás 19h, na que poderemos ver números variados de humor, circo contemporáneo, clown, malabares, acrobacias, … feitos con amor para a ocasión polos artistas de Manicómicos. A escusa para esta singular ocasión é a presentación mundial de “A Máquina do Tempo”, que servirá para viaxar por diferentes épocas da historia (pasado, presente e futuro) na procura dos mellores números cómicos endexamais feitos. A música da gala será realizada en directo por un trío de científicos tolos que demos en chamar “Os Ambientadores”. O público da gala está invitado a vir vestido como se fosen científicos, para así darlle máis color e calor ao espectáculo. A Máquina do Tempo: Risas garantizadas para tódolos públicos

Duración aproximada: 80 m.
Prezo: 8€ entradas soltas. Bono familiar – 3 entradas: 18€, á venda nas canles oficiais de http://www.servinova.com, nas taquillas da Praza de Ourense, e nas taquillas do propio teatro.